Documentos e resultados

Formulario de busca

Fondos

Axenda Dixital de Galicia 2020 - Balance 2015Axenda Dixital de Galicia 2020 - Balance 2015

Formulario de busca

cierra cierra

Axenda Dixital de Galicia 2020 - Balance 2015

O 30 de abril de 2015 aprobouse a Axenda Dixital de Galicia 2020, unha estratexia que dá resposta ao novo contexto dixital e a como as políticas TIC poden formularse para apoiar o crecemento na Comunidade apostando por un modelo de crecemento vinculado á economía dixital. Un ano máis tarde é momento de facer balance, coa finalidade de dar conta dos avances acadados en termos de repercusión e impacto socieconómico das iniciativas impulsadas.

Tomando como base os logros acadados nos últimos anos desenvolveronse accións dentro das cinco liñas estratéxicas definidas na ADG2020:

- Valorización da administración
- Énfase na vida dixital
- Aceleración da economía dixital
- Estímulo ao crecemento do sector TIC
- Articulación dixital do territorio

As accións realizadas derivadas das políticas TIC xeraron unaha serie de impactos de gran valor público e repercutiron en último termo sobre o desenvolvemento económico-social da comunidade. Deste modo avanzouse cara a dixitalización da administración pública, das empresas e da sociedade no seu conxunto.

As actuacións derivadas da Axenda Dixital de Galicia 2020 conseguiron mobilizar no 2015 un investimento de máis de 148 millones de euros entre capital público e privado.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do balance.