Documentos e resultados

Formulario de busca

Fondos

Axenda Dixital de Galicia 2014.gal - Informe 2013Axenda Dixital de Galicia 2014.gal - Informe 2013

Formulario de busca

cierra cierra

Axenda Dixital de Galicia 2014.gal - Informe 2013

estratexia 2014.gal Axenda Dixital de Galicia é un plan do Goberno galego para catro anos. Dentro das políticas de transparencia e comunicación, a continuación preséntase o Informe 2013 da Axenda Dixital 2014.gal destaca o avance da Administración galega na modernización dos servizos públicos e os principais resultados derivados das actuacións postas en marcha ata o momento e o grao de cumprimento dos compromisos establecidos na propia Axenda Dixital de Galicia.

Dentro do documento, organizado arredor das sete liñas estratéxicas da Axenda Dixital, detállanse os avances acadados durante o ano 2013 polas principais actuacións, iniciativas e proxectos, así como a pertinente avaliación intermedia en forma de análise e valoración do cadro de indicadores de datos obxectivo por programas e do escenario financeiro.

Finalmente, e como proba da comunicación e difusión á sociedade galega dos avances e esforzos que se realizaron e se están a realizar neste ámbito, amósase un capítulo resumo cos principais actos celebrados desde a Xunta de Galicia relacionados cos proxectos derivados da Axenda Dixital de Galicia.