Documentos e resultados

Formulario de busca

Fondos

Axenda Dixital de Galicia 2014.gal - Balance 2009-2013Axenda Dixital de Galicia 2014.gal - Balance 2009-2013

Formulario de busca

cierra cierra

Axenda Dixital de Galicia 2014.gal - Balance 2009-2013

O Balance de 2009-2013 da Axenda Dixital recolle iniciativas que supoñen un investimento de preto de 1.100 millóns nas actuacións definidas na Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, para consolidar a modernización tecnolóxica da Administración e dos servizos públicos, a inclusión e capacitación dixital da poboación, o impulso do hipersector TIC como elemento tractor dos restantes sectores produtivos e o despregamento de infraestruturas de telecomunicación na Comunidade.

Este Balance 2009-2013 da Axenda Dixital, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), foi presentado o 27 de maio de 2014 pola directora da Amtega, Mar Pereira, no pleno do Observatorio da Sociedade de Información e a Modernización de Galicia (Osimga).

Catro anos despois da súa posta en marcha, a Axenda Dixital de Galicia fai balance dos principais fitos das iniciativas transformadoras que marcan un cambio de rumbo claro no xeito de facer as cousas no referente ás políticas tecnolóxicas da Xunta de Galicia.

Desenvolvemento do sector tecnolóxico
Medidas de impulso ao sector TIC desenvolvidas durante o 2013 como o Pacto Dixital, que asinou o Goberno galego con 12 empresas de ámbito nacional, multinacional, rexional e o Clúster TIC galego para cooperar no desenvolvemento tecnolóxico de Galicia. Un dos primeiros logros do Pacto é a posta en marcha este verán da iniciativa de Telefónica, Galicia Open Future, un Centro de Emprendemento TIC na Cidade da Cultura.

Nesta liña, no 2013 definiuse o Programa TransformaTIC, unha iniciativa que aliña os instrumentos da Xunta, as tres universidades galegas, os centros tecnolóxicos dedicados ás tecnoloxías da información e a comunicación, e o Clúster TIC galego nunha estratexia única para o sector tecnolóxico de Galicia co obxectivo de impulsar o seu crecemento e competitividade. Os axentes implicados formalizaron a súa colaboración nesta iniciativa o pasado mes de marzo coa sinatura dun convenio.

No período 2010-2013 a Xunta achegou 97,5 millóns de euros que mobilizaron máis de 222 millóns de euros para potenciar o sector da economía do coñecemento e empresa dixital. En 2013 convocouse por segundo ano a liña de axudas Innterconecta II cun importe de 75 millóns de euros.

Infraestruturas de telecomunicación
O Plan de Banda Larga facilitou o acceso a internet a máis de 700.0000 habitantes que carecían deste servizo en 2009, o que permitiu chegar ao do 97% da poboación total de Galicia. Para o 3% restante, están a desenvolverse liñas de axudas para o acceso ao servizo a través de satélite. Ademais, no 2013 cumpriuse o obxectivo de que más de 1,1 millón os galegos teñan acceso a redes de 100 Mbps de velocidade.

O informe tamén salienta o inicio do despregue o pasado ano da nova Rede Dixital de Emerxencias de Galicia, que entrará en funcionamento en 2015, substituíndo a actual tecnoloxía analóxica. En 2013 aprobouse a primeira Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicación de Galicia.

Administración eficiente e austera
Outro dos eixos de actuación da Axenda Dixital é o modernización tecnolóxica dos servizos públicos. O Plan de Modernización da Administración autonómica está a conseguir unha administración aberta aos cidadáns as 24 horas do día os 365 días do ano. A sede electrónica da Xunta xa permite presentar telematicamente máis de 600 procedementos, case o 39% do total.

En 2013 35 oficinas de Rexistro estaban integradas no Rexistro Único da Xunta, que contabilizou máis de 840.000 entradas telemáticas, o 40,6% do total da documentación presentada na Administración autonómica ese ano.

O Nodo de Interoperabilidade, que permite a interconexión entre os sistemas das administracións locais, autonómica e estatal, rexistrou 322.000 consultas no ano 2013 e xunto co Plan Reduce, no que xa se levan revisados 940 procedementos, están permitir aforros á cidadanía tanto en tempo como en custos ao evitar presentar diante da Administración aquela información que xa obra nos seus sistemas.

No 2013 presentouse un catálogo con 10 aplicacións en mobilidade, así como a información xeorreferenciada de 6.300 centros de servizos da administración galega a través da aplicación eServizos do portal da Xunta. A finais do 2013 a Administración autonómica contaba con 201 canles nas  redes sociais, case un 50% máis que o ano anterior, con 415.000 seguidores.

As TIC na Sanidade, na Educación e na Xustiza
Cómpre destacar os avances da aplicación das medidas da Axenda Dixital en ámbitos de gran repercusión para o cidadán como a educación, a xustiza e a sanidade e benestar. Así, grazas ao liderado no uso das TIC Galicia foi elixida rexión de referencia en envellecemento activo pola Asociación Europea de Innovación no  envellecemento activo e saúdable (EIP on AHA) e participa na cons­titución da agrupación “KIC Gallaecia”, para a candidatura conxunta de Galicia ao KIC (Knowledge and Innovation Communities) europeo de envelle­cemento activo e vida saudable.

Galicia é unha das comunidades autónomas líderes na implantación da Historia Clínica Electrónica, da ereceita, dos sistemas de imaxe dixital e da telemedicina. Preto do 98% das receitas son tramitadas de modo electrónico e o 100% dos centros de atención primaria poden acceder á telemedicina. Ademais o 10,5% das citas previas realizáronse por Internet, un sistema que no 2013 utilizou o 26,8% dos cidadáns.

No ámbito da xustiza, destaca a posta en marcha do portal e-Xustiza, para facilitar a relación da cidadanía coa administración xudicial, a implantación do sistema de videoconferencia no 100%  das salas xudiciais e o inicio da instalación dos sistemas de gravación de vistas  con sinatura dixital en 15 salas e a gravación de 6.000 vistas con este sistema.

No eido educativo, o Proxecto Abalar dixitalizou máis de 2.000 aulas e beneficia a preto de 45.000 alumnos. O EspazoAbalar, punto de encontro en Internet entre familias, profesores e centros, contaba a finais de 2013 con 2.000 recursos educativos dixitais dos que se realizaron 2,6 millóns de descargas. Ademais, púxose en marcha abalarMóbil, que facilita ás familias o seguimento da actividade  educativa desde dispositivos móbiles.

Cidadanía Dixital
A  Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), que conta con 98 aulas en 92 concellos ofreceu en 2013 preto de 43.000 horas de formación dixital gratuíta e rexistrou 32.000 usuarios. Desde a súa creación no 2010 lévanse impartidas máis de 100.000 horas de formación.

Ademais, o Programa de Voluntariado Dixital que suma a solidariedade individual, 340 voluntarios, xunto coa participación de 78 entidades de acción social. As actividades do programa beneficiaron no 2013 a 4.300 persoas e a Comisión Europea seleccionou esta iniciativa programa para ser analizada nun Peer Review a nivel europeo como boa práctica en materia de inclusión dixital.