Documentos e resultados

Formulario de busca

Fondos

Axenda Dixital 2014.gal - Informe 2012Axenda Dixital 2014.gal - Informe 2012

Formulario de busca

cierra cierra

Axenda Dixital 2014.gal - Informe 2012

O Informe 2012 da Axenda Dixital 2014.gal destaca o avance da Administración galega na modernización dos servizos públicos e a redución da fenda dixital na comunidade.

Segundo o compromiso de información expresado na elaboración da Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, no documento anexo preséntase o informe anual de actividades relacionadas coas distintas liñas estratéxicas que a compoñen, así como datos de indicadores de avance da sociedade de información en Galicia, dos orzamentos investidos etc. En resumo, trátase dun documento onde atopar toda a actividade da Xunta de Galicia no ano 2012 en relación co desenvolvemento da Axenda Dixital, os seus plans e programas, e tamén os resultados acadados.

No informe, do ano 2012, reflíctese a importante aposta do Goberno galego en prol dunha mellora dos servizos públicos, baseándose nas vantaxes que a tecnoloxía pode achegar para ofrecerlle á sociedade unha Administración sempre aberta á cidadanía.

Nesta liña encaixa a creación en 2012 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica, que xa integra baixo unha única dirección a 282 tecnólogos e os recursos orzamentarios de área tecnolóxica de seis consellerías. A Amtega constitúe un modelo de xestión integrada das TIC co que se busca ofrecer máis servizos, máis eficaces e con menos custo. A súa posta en marcha está a evitar duplicidades administrativas ao suprimir 15 departamentos administrativos, conseguindo un aforro anual de 20 millóns de euros.

Estamos ante unha estratexia única para Galicia, que vai acompañada da posta en marcha, tamén en 2012, do Centro de Proceso de Datos Integral, que consolidará nunha única infraestrutura tecnolóxica todos os CPD existentes, ofrecendo un servizo centralizado a toda a Administración galega e aforrando custos por valor de 3 millóns de euros.

Ademais, cómpre destacar que a sede electrónica da Xunta de Galicia permite a tramitación telemática de máis de 500 procedementos, o 30 % do total. A rede Cemit duplicou o número de persoas usuarias e horas de formación respecto ao ano 2011. O Plan de banda larga facilitou o acceso a internet a 655 000 galegos dos 786 000 que carecían deste servizo a principios de 2010. O informe recolle datos de 110 indicadores de proxectos e do estado da sociedade de información en Galicia.