Documentos e resultados

Formulario de busca

Fondos

Axenda Dixital 2014.gal - Balance 2011Axenda Dixital 2014.gal - Balance 2011

Formulario de busca

cierra cierra

Axenda Dixital 2014.gal - Balance 2011

Preto de dous anos despois do seu lanzamento, xa foron executadas diversas iniciativas enmarcadas nesta folla de ruta que dan resposta a actuacións prioritarias para o noso Goberno, como son intensificar os apoios aos sectores produtivos, impulsar o emprendemento e potenciar a internacionalización e a innovación, piares fundamentais para facer unha Galicia máis competitiva.

Coa súa posta en marcha en xuño de 2010, Galicia iniciou o camiño do progreso tecnolóxico. Un camiño que permitirá a Galicia facer fronte aos retos da nova sociedade do coñecemento e integrarse definitivamente no novo contexto dixital europeo no horizonte de 2014.

Seguindo o compromiso de transparencia da Xunta de Galicia, a principios de ano é momento de facer balance do ano anterior e trasladarlle á sociedade galega os resultados das principais actividades levadas a cabo no marco desta estratexia e que poñen de manifesto que 2014.gal non é unha simple declaración de intencións, senón que os seus obxectivos estratéxicos se materializan a través de actuacións tanxibles que impactan significativamente no benestar social e no crecemento económico da nosa comunidade.

Así se recolle no Balance de 2011 da Axenda Dixital, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e que foi presentado o 2 de maio de 2012 aos integrantes do pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga) xunto co plan de traballo deste organismo, dependente da Amtega, para 2012.