Documentos e resultados

Formulario de busca

Fondos

Axenda Dixital 2014.gal - Balance 2010Axenda Dixital 2014.gal - Balance 2010

Formulario de busca

cierra cierra

Axenda Dixital 2014.gal - Balance 2010

A estratexia 2014.gal Axenda Dixital de Galicia é un plan do Goberno galego para catro anos. Dentro das políticas de transparencia e comunicación, a continuación preséntase o balance e a avaliación dos principais resultados derivados das actuacións postas en marcha ata o momento e o grao de cumprimento dos compromisos establecidos na propia Axenda Dixital de Galicia.

Dentro do documento, organizado arredor das sete liñas estratéxicas da Axenda Dixital, detállanse os avances acadados durante o ano 2010 polas principais actuacións, iniciativas e proxectos, así como a pertinente avaliación intermedia en forma de análise e valoración do cadro de indicadores de datos obxectivo por programas e do escenario financeiro.

Finalmente, e como proba da comunicación e difusión á sociedade galega dos avances e esforzos que se realizaron e se están a realizar neste ámbito, amósase un capítulo resumo cos principais actos celebrados dende a Xunta de Galicia relacionados cos proxectos derivados da Axenda Dixital de Galicia.