Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

VI Addenda ao Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolv

Addenda ao convenio asinada o 11 de decembro de 2017 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias

11/12/2017

Esta Addenda ten por obxecto modificar as cláusulas terceira, sexta e décima do Convenio de colaboración entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Plan de Inclusión Dixital no eido da Administración Local, coa finalidade de aclarar a consideración de aulas de referencia, ampliar a dotación orzamentaria e a vixencia.

En concreto, a presente Addenda modifica as cláusulas terceira, sexta e décima do convenio, referidas ás aulas de referencia, ao orzamento e á vixencia, respectivamente. Deste xeito, as actuacións do convenio suporán para a Amtega unha achega de ata un máximo de 3.942.878,70 euros. Ademais, o convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2018.