Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Proxecto Abalar 2010

ABALAR é o proxecto que sustancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención do Executivo galego, axuntando os esforzos cara a modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno Galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización “eGoberno2013”.

05/03/2010

ABALAR é unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias dos nosos cidadáns, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá un cambio no modelo de ensinanza-aprendizaxe, coa conversión dos colexios e institutos galegos en Centros Educativos Dixitais (CED).

Este proxecto persegue un salto cualitativo e cuantitativo no modelo educativo galego, co fin de mellorar a súa eficiencia nun proceso de modernización, integrando ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación en todos os ámbitos educativos.

O proxecto ABALAR integra catro liñas de actuación:

- A posta en funcionamento dun portal propio “espazoABALAR”, que será o referente dos servizos educativos en Galicia.
- Fomento da Cultura Dixital ca integración cultural das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo.
- Dotar ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa, de contidos e recursos dixitais.
- Garantir a dotación e o mantemento da infraestructura TIC para todos os centro educativos.

As actuacións do proxecto ABALAR durante o período 2010-2013 afectarán así a máis de 1.000 centros educativos e 87.000 alumnos, formando para elo a 15.250 docentes para o uso das TIC nos procesos docentes. 

Documentos relacionados:
Organismo promotor: Xunta de Galicia