Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Protocolo Xeral entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a promoción e fomento da utilización

Convenio asinado o 16 de xuño de 2015 entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Federación Galega de Municipios e Provincias co obxectivo de realizar todas as actuacións que lles correspondan co obxectivo de fomentar, promover e potenciar entre os municipios e emprendedores a utilización da Plataforma Tecnolóxica de Información "Emprende en 3"

16/06/2015

O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, en colaboración cos Ministerios de Presidencia, de Industria, Enerxía e Turismo e de Economía e Competitividade e en coordinación coa Federación Española de Municipios e Provincias, desenvolveu un proxecto de simplificación administrativa denominado "Emprende en 3" para as Entidades Locais que desexen adherirse ao mesmo que inclúe, por unha banda, a fixación do modelo electrónico de declaración responsable e, por outro, unha plataforma electrónica que posibilita a tramitación electrónica das declaracións responsables daqueles emprendedores, empresarios ou titulares de actividades económicas ou empresariais que desexen iniciar a súa actividade ou trasladar o seu negocio e a integración automática desta tramitación coas plataformas xa existentes para a creación de empresas.

A utilización da Plataforma Tecnolóxica de Información "Emprende 3" permitirá axilizar a tramitación dos procedementos establecidos polas distintas normativas para regular a creación e posta en funcionamento de negocios, así como aumentar o tecido empresarial da Comunidade Autónoma de Galicia e, polo tanto, de España, incrementar e fortalecer a competitividade e unha mellora na prestación dos servizos públicos que as Administracións Públicas están obrigadas a prestar aos seus cidadáns.

As actuacións do presente convenio non supoñen para a Amtega achega económica algunha.

Organismo promotor: Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a Comunidade Autónoma de Galicia, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Federación Galega de Municipios e Provincias