Protocolo de colaboración para a cooperación entre a Xunta de Galicia e o sector TIC para o desenvolvemento dixital de Galicia
Este protocolo de colaboración ten por obxecto establecer un compromiso de cooperación firme entre a Xunta de Galicia e o Sector TIC para converter ao sector da economía do coñecemento nun dos motores da economía de Galicia no período 2013-2020.
O sector das tecnoloxías da información e da comunicación estase a converter nunha das áreas produtivas claves no desenvolvemento económico e social de Galicia, pola súa condición de acelerador do cambio tecnolóxico e polo seu carácter transversal ao resto de sectores.
Nesta contorna, desde a Xunta de Galicia estanse levando a cabo iniciativas encamiñadas a converter ao sector TIC nun sector líder na economía galega, de forma que contribúa á mellora da eficiencia do resto de empresas do tecido empresarial galego e que actúe como mecanismo para favorecer a innovación.
Así, o protocolo de colaboración determina un compromiso de cooperación firme entre a Xunta de Galicia e o Sector TIC para converter ao sector da economía do coñecemento nun dos motores da economía de Galicia no período 2013-2020.
Así mesmo recóllese o decálogo de medidas e compromisos asumidos por ambas partes dentro dos seus respectivos ámbitos de actuación.
Para máis información pode consultar o documento completo.