Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a realización de actividades de formación a través da Rede de centros para a modernización e innovación tecnolóxica (Rede CeMIT) e

Protocolo de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a realización de actividades de formación a través da Rede de centros para a modernización e innovación tecnolóxica (Rede CeMIT) e o desenvolvemento de proxectos no marco do programa Voluntariado dixital

O presente convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a AMTEGA, asinado o pasado 14 de maio de 2012, ten por obxecto establecer o marco adecuado de colaboración entre o IGC e a AMTEGA para a implantación e desenvolvemento do programa de formación continua dos profesionais de consumo, a formación do profesorado do ámbito educativo e a divulgación da información aos colectivos de persoas consumidoras de Galicia, a través do sistema de comunicación e formación a distancia que oferta a Rede CeMIT da Xunta de Galicia

Grazas a este convenio o simulador de compras do Instituto Galego de Consumo será a ferramenta utilizada este ano nas 98 aulas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) no marco dun programa formativo sobre consumo e comercio electrónico dirixido de maneira especial a consumidores, comerciantes e profesorado e que se iniciará antes do verán. Así se recolle nun protocolo de colaboración asinado esta mañá entre a presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.

Ademais con esta colaboración o Instituto Galego de Consumo ampliará as súas actividades de difusión e formación a profesionais e consumidores empregando a infraestrutura e o equipamento tecnolóxico das aulas CeMIT presentes en 92 concellos das catro provincias galegas.

O protocolo asinado recolle tamén a integración do simulador de compras na carteira de servizos do programa de “Voluntariado Dixital”, que está a desenvolver a Amtega para favorecer o uso das novas tecnoloxías por parte persoas maiores e persoas con discapacidade.

O Instituto Galego de Consumo ofrecerá formación específica aos voluntarios do programa sobre os dereitos dos consumidores especialmente no eido do comercio electrónico para que poidan prestar o seu apoio nesta materia ao colectivos de maiores e persoas en risco de exclusión dixital.

Organismo promotor: Instituto Galego de Consumo, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia