Protocolo de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións empresariais Agasol, Agestic, Cluster TIC e EGANET, para a posta en marcha do Proxecto RSE-TIC para o fomento
Protocolo asinado o 20 de novembro de 2013 entre a Consellería de Traballo e Benestar, A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións empresariais Agasol, Agestic, Cluster TIC e EGANET que ten por obxecto a definición do marco de responsabilidade social empresarial dentro do proxecto RSE-TIC no sector TIC de Galicia.
As actuacións previstas para a Amtega en relación con este protocolo realizaránse a través dos programas de Voluntariado dixital VOLDIX e o Observatorio Galego da Sociedade da Información que potenciarán a visibilidade das boas prácticas desenvolvidas de RSE polas empresas galegas.
O obxectivo final deste protocolo é aumentar a competitividade do sector TIC galego.
O presente protocolo non supón un custo para a Amtega.