Protocolo de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as entidades colaboradoras para desenvolvemento de proxectos de voluntariado no marco do programa voluntariado dixital

Protocolo de colaboración asinado o 19 de xuño de 2012 que ten por obxecto definir a colaboración entre a Amtega e as entidades colaboradoras no ámbito do programa voluntariado dixital para o fomento de actividades de difusión da sociedade dixital e do coñecemento, a través da posta en marcha dun proxecto de ensinanza e impulso de internet cuxo obxectivo é introducir á sociedade na utilización das tecnoloxías da información e comunicación e favorecer a súa integración social e laboral.

Con esta iniciativa preténdese o achegamento da cidadanía ás novas tecnoloxías en colaboración coa Amtega buscando ampliar a acción solidaria das entidades colaboradoras no ámbito TIC. A colaboración centrarase en atender ás persoas que son sensibles e con inquedanzas na súa aproximación ás novas tecnoloxías, a través do voluntariado dixital especificamente formado para este programa e escollido previa selección conxunta entre as partes interesadas.

Organismo promotor: Amtega e as entidades colaboradoras no ámbito do programa voluntariado dixital