Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan Trabe 2013: Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais

O Consello da Xunta aprobou no mes de abril de 2013 o Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións de máis de 1,6 millóns de galegos.

15/04/2014

Coa integración das TIC na xestión dos servizos sociais, a Administración autonómica busca mellorar a súa eficiencia para garantir á sostibilidade do sistema e incrementar a súa capacidade para dar cobertura a unha demanda que está en aumento. Ademais, a modernización da xestión permitirá reducir tarefas administrativos e prazos de tramitación.

Para conseguilo o Plan, elaborado Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar en estreita colaboración co Servizo Galego de Saúde,  prioriza a coordinación dos recursos sociosanitarios, que podería permitir unha optimización do gasto sanitario por un importe estimado de 32 millóns de euros anuais. Ademais, a integración da tecnoloxía na xestión dos servizos sociais permitirá un aforro de 4 millóns de euro ao ano.

Para máis información pode consultar o resumo executivo do Plan.

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar