Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan Smart Turismo 2014

A Xunta de Galicia, presentou, a través da Axencia de Turismo, o Plan Integral de Turismo de Galicia, desenvólvese cunha visión 2020, aliñado co Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014, coa Estratexia Europa 2020, así como cos documentos preparatorios da Estratexia de Especialización Intelixente Galega (RIS3), e establece liñas de acción concretas de 2014 ata o 2016. O Plan establécese e desenvólvese cunha visión a longo prazo, imprescindible para poder acadar un sector sólido e sostible no tempo. Esta visión xorde dun proceso de elaboración coa participación de todo o sector.

15/04/2014

A Administración pública de Galicia ten o sector das novas tecnoloxías coma un dos sectores estratéxicos para a recuperación económica da Comunidade Autónoma. Neste contexto ten por marco de referencia a 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que ten por obxectivo plasmar o potencial social e económico das TIC coma peza chave que axude a converter a economía actual nunha economía intelixente, sustentable e integradora, cun alto nivel de emprego, cohesión social e territorial no horizonte de 2014.

Tamén fai fincapé no obxectivo de pasar dunha sociedade que emprega as TIC a unha sociedade que se sirva das novas tecnoloxías para xerar crecemento sostible, para mellorar as cotas de participación na toma de decisións e para contribuír á súa calidade de vida sobre a base do coñecemento.

Para máis información consulte o texto completo do Plan.

Organismo promotor: Amtega e Axencia de Turismo