Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan eConcellos - Desenvolvemento da eAdministración nas EELL Galegas 2010

O Plan eConcellos debe sentar as bases dun desenvolvemento coordinado e sostible da eAdministración nas EELL galegas. Para asegurar o alcance do Plan, trabállase en coordinar, potenciar e complementar os proxectos xa iniciados de xeito que as actuacións dentro do Plan permitan dar maior valor ás inversións realizadas e melloren a penetración da eAdministración na sociedade galega.

14/07/2010
O Plan eConcellos nace como vehículo para a consecución dos obxectivos de modernización das Administracións Locais galegas. Deste xeito as misións desta iniciativa son apoiar, dinamizar e completar o desenvolvemento dos servizos públicos dixitais e a modernización da administración pública local. Garantir niveis homoxéneos de servizos dixitais para todos os cidadáns, de xeito que se minimice a exclusión por causas territoriais.
 
Os obxectivos estratéxicos  que enmarcan o Plan eConcellos pódense resumir en cinco:
 
    * Redución do desequilibrio territorial proporcionando a toda a cidadanía galega a capacidade de acceder a servizos públicos dixitais de calidade, asegurando así a vertebración do noso territorio como elemento de redución do desequilibrio territorial.
    * Impulso e modernización das Entidades Locais impulsando os servizos públicos dixitais de calidade e a modernización das Entidades Locais, de xeito que posúan un alto grao de automatización como base dunha xestión administrativa máis eficaz.
    * Proximidade á cidadanía facendo a administración máis transparente e próxima á cidadanía e mellorando a interacción co cidadán cunha estratexia multicanle, desenvolvendo a canle telemática e potenciando a presencial.
    * Mellora dos procesos internos de xestión aproveitando as novas tecnoloxías e avanzando na simplificación procedimental, como base para a redución de custos e prazos, que deriven nun aumento da competitividade á hora de atraer novas inversións e empresas.
    * Maximizar a cooperación para fomentar e apoiar o desenvolvemento da eAdministración, sustentado na visión e actuación global e na coordinación de todos os axentes implicados.
 
 
Documentos relacionados:

Organismo promotor: Xunta de Galicia