Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan Director de Seguridade da Información 2010 - 2014

O Plan Director de Seguridade da Información establece as actuacións a levar a cabo pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de seguridade da información así como os axentes involucrados e as súas respectivas responsabilidades. Ademais, define as directrices necesarias para xestionar de forma segura os sistemas de información da Administración e manifesta o recoñecemento da importancia que ten a seguridade da información sobre a confianza que os cidadáns depositan na administración.

12/07/2010

As tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) constitúen un instrumento de alto nivel estratéxico polo seu potencial para impulsar a modernización da Administración da Comunidade Autónoma Galega, así como pola súa capacidade para estimular e sustentar o desenvolvemento social e económico de Galicia.

Este plan contempla todos os sistemas de información da Xunta de Galicia. Nace coa vontade de ser aplicado progresivamente ao conxunto de consellerías da Administración autonómica, aos seus organismos autónomos, sociedades públicas, fundacións do sector público autonómico e demais entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Sen prexuízo do anterior, está directamente destinado a garantir a seguridade dos sistemas corporativos.

Dentro deste plan, corresponde á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a análise de necesidades, planificación, deseño, xestión e implantación dos sistemas de información e elementos tecnolóxicos nos órganos da Administración de Xustiza en Galicia, en coordinación coas administracións e órganos competentes na materia de sistemas de información de xustiza.

Neste Plan tamén se perfilan unha serie de iniciativas orientadas a asesorar e sensibilizar ao persoal da Administración Local en materia de protección de datos, de seguridade informática e de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

O alcance temporal do presente plan abarca o período 2010 - 2014. No plan efectúase unha priorización das distintas actuacións en orde á súa urxencia e impacto. A seguridade da información require unha visión global que recolla unha mellora pragmática e alcanzable a curto prazo e, á vez, un modelo obxectivo ambicioso e de longo prazo.

 
Organismo promotor: Xunta de Galicia