Plan de software libre 2018

Plan de software libre 2018

No presente documento amósanse as iniciativas en materia de Software Libre levadas a cabo para realizar unha xestión eficiente

A Axenda Dixital 2020 (ADG 2020) recolle o Software Libre como unha ferramenta transversal para a consecución dos obxectivos marcados.

"O impulso do uso do software libre e de estándares abertos e fomento da reutilización de solucións, serán ferramentas para garantir a interoperabilidade dos sistemas informáticos e achegar a tecnoloxía á sociedade evitando a dependencia de determinados provedores TIC e os custes recorrentes."

Neste contexto a Amtega mantén a súa aposta polo uso do Software Libre, plasmada neste plan de acción de software libre 2018, investindo no seu fomento como recurso para mellorar a eficacia acadada na administración.

O plan de acción en software libre 2018 terá como eixes principais de actuación os seguintes:

Administración pública
Tecido Empresarial
Cidadanía

No eixe de actuación da propia administración pública, a Amtega impulsa a reutilización de software e contidos e achega aos responsables TIC información sobre casos de éxito doutras administracións públicas, ademais de facer difusión dos casos de éxito propios. Tamén se promove a reutilización a través da sindicación da forxa de mancomún co Catálogo do CTT e de Joinup, o portal europeo da reutilización.

No ámbito empresarial, o Centro Demostrador TIC é o elemento vertebrador das actuacións de fomento das TIC en xeral e do Software Libre en particular. As actuacións enfocaranse a promover a oferta de solucións de calidade baseadas en software libre dirixida ás empresas, para favorecer a súa mellora en eficacia e competitividade. Esta actividade será reforzada ademais co 
Centro Demostrador TIC Virtual potenciando o seu actual catálogo de solucións libres con novas aplicacións á disposición das empresas, buscando sempre aquelas que sexan máis demandas polas empresas, atendendo aos estudos do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia (OSIMGA) como base para coñecer e responder o máis axeitadamente posible as necesidades das empresas galegas.

Por último, seguirase facendo fincapé na difusión do software libre tanto para empresas como para a cidadanía, con novos servizos como boletíns periódicos con novas e casos de éxito de Software Libre, mantendo como referencia de software libre en Galicia o portal Mancomun.
 

Documentos relacionados:

 

Plan de acción en materia de Software Libre 2018

Image removed.Plan de acción en materia de Software Libre 2018

Organismo promotor: Amtega