Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan de software libre 2016

No presente documento amósanse as iniciativas en materia de Software Libre levadas a cabo para realizar unha xestión eficiente

19/05/2016

A Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG 2020), aprobada no Consello da Xunta o 30 de abril de 2015, recolle o Software Libre como un dos principios para a xestión eficiente das distintas iniciativas.

"O impulso do uso do software libre e de estándares abertos e fomento da reutilización de solucións, serán ferramentas para garantir a interoperabilidade dos sistemas informáticos e achegar a tecnoloxía á sociedade evitando a dependencia de determinados provedores TIC e os custes recorrentes."

Neste contexto a Amtega continua mantendo a súa aposta polo uso do Software Libre plasmada no plan de acción en software libre 2016 cos seguintes eixos de actuación principais:

  • Fomento da reutilización do software na administración pública
  • Impulso dunha oferta de solucións baseadas en software libre dirixida ás empresas
  • Achegamento do software libre ao conxunto da sociedade.

En torno a estes eixos de actuación defínense unha serie de actuacións, que como vén sendo habitual desenvolveranse a través da colaboración cos distintos axentes do ecosistema do software libre galegos (Asociacións de Usuarios de Software Libre, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, as tres Universidades Galegas ou os colexios profesionais) o que permite xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora.

Para máis información pode consultar o texto íntegro do documento

Organismo promotor: Amtega