Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan de software libre 2014

Un ano máis, preséntase o Plan de Acción en Software Libre 2014 que recolle as actuacións que durante este ano se porán en marcha para incrementar o uso e coñecemento do software libre por parte da sociedade, o sector empresarial e na propia administración, sendo os tres seguintes os ámbitos de actuación principais.

05/05/2014

No que respecta ao impulso e fomento do Software Libre no ámbito empresarial, o Centro Demostrador TIC continuará a ser o elemento vertebrador das actuacións dirixidas ao empresariado. Ademais de manter a oferta de demostracións e formación en Software Libre, así como asesoramento particularizado ás pemes en canto a solucións libres adaptadas ás súas necesidades, este ano porase en marcha o Centro Demostrador TIC Virtual, a través do que as pemes galegas poderán probar o funcionamento de solucións libres a través da web do CDTIC. Por suposto o CNTG manterá tamén a súa oferta formativa para profesionais TIC en tecnoloxías libres, cada vez máis demandada.

A formación sobre Software Libre será novamente un dos aspectos máis destacados do plan, ofrecendo formación en tecnoloxías libres á cidadanía en xeral a través da rede CeMIT, do programa de Voluntariado Dixital, das Asociacións galegas de usuarios de Software Libre (AGUSL), de AGASOL ou do Colexio Profesional de Enxeñeiros de Informática de Galicia; formación no ámbito universitario fundamentalmente a través da Oficina de Software Libre do CIXUG; formación no ámbito educativo non superior a través do proxecto Abalar; e formación aos empregados públicos a través da EGAP.

Finalmente no ámbito do impulso do Software Libre na administración pública, destacar que, durante o 2014, a AMTEGA procederá a desenvolver os primeiros pasos da Folla de ruta de migración a ofimática libre do posto do empregado público, cun piloto de migración en 1000 postos de traballo.

Para máis información consulte o documento íntegro do Plan de acción 2014

Para máis información consulte o documento íntegro do Plan de acción 2014.

Presentación plan de acción en software libre 2014

 Plan de acción software libre 2014

Organismo promotor: Amtega