Plan de software libre 2013
O plan de Software libre 2013 da Xunta está dirixido a impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (FLOSS) no sector empresarial na sociedade en xeral e na Administración.
Unha vez máis, seguindo a tradición inaugurada no ano 2010, a Xunta de Galicia plasma no Plan de Software Libre o seu compromiso firme de promoción e difusión do Software Libre e de fontes abertas.
Esta pioneira iniciativa permite, ano a ano, estruturar dun xeito coordinado e eficiente os diversos proxectos e actividade a prol do Software Libre promovidos pola propia Administración galega, maximizando deste xeito tanto o impacto como o retorno dos mesmos.
No Plan de Software Libre do ano 2013 dáselle continuidade ás liñas mestras traballadas nos últimos anos, potenciándose o énfase na coordinación e execución sinérxica dos diversos proxectos e programas que a AMTEGA está a desenvolver no eido do fomento da sociedade da información, entre os que destacan o Centro Demostrador TIC, a Rede CeMIT, o programa de Voluntariado Dixital, o proxecto Abalar, o portal de Open Data da Xunta de Galicia e mailo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia.
Como en anos anteriores, o presente Plan plasma o compromiso do goberno galego cunhas políticas TIC sostibles e de calidade, garantes cos dereitos dos cidadáns e coas esixencias tecnolóxicas dos mesmos, rexidas polo principio reitor da cooperación, e dirixidas a modernizar Galicia.
Para máis información pode consultar o documento co plan FLOSS 2013: