Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan de software libre 2012

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta conta cun investimento de 915.000 euros para o desenvolvemento de 120 actuacións dirixidas a impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (Floss) no sector empresarial, na sociedade en xeral e na Administración. O Plan desenvólvese en colaboración coas asociacións galegas de usuarios de software libre (AGUSL), das empresas do sector (AGASOL), coa Comisión Interuniversitaria de Galicia (que integra as tres universidades) e do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

14/05/2012

No presente ano 2012, e pese á dificultade do actual contexto económico, a Xunta de Galicia segue a apostar decididamente polo fomento e promoción do Software Libre e dos estándares abertos, considerando tales tecnoloxías como ferramentas de gran valor para avanzar cara un modelo produtivo máis sostible, cara unha sociedade máis competente no ámbito tecnolóxico, e cara unha administración pública máis eficiente e próxima á cidadanía.

Sobre este plantexamento, e pese ás complexidades económicas existentes, a AMTEGA promove o Plan de Acción Software Libre 2012 como motor para continuar o traballo a prol do software libre e de fontes abertas na nosa Comunidade. Neste Plan non só se materializa a continuidade coas accións iniciadas en 2010 e 2011, senón que tamén se articula un aproveitamento eficaz e eficiente das diversas ferramentas que se foron implementando nestes anos.

Ademais das liñas de acción establecidas no Plan, a Xunta está a realizar proxectos estratéxicos baseados en software libre como son Abalar, o desenvolvemento das iniciativas de Administración electrónica e a formación dixital da cidadanía a través da Rede Cemit. Grazas a uso do software libre nestas iniciativas a Xunta aforrou 2,5 millóns de euros no período 2010-2011.

Como en anos anteriores, o presente Plan plasma o compromiso do goberno galego cunhas políticas TIC sostibles e de calidade, garantes cos dereitos dos cidadáns e coas esixencias tecnolóxicas dos mesmos, rexidas polo principio reitor da cooperación, e dirixidas a modernizar Galicia.

Para máis información pode consultar o documento co plan FLOSS 2012: