Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan de software libre 2011

O día 9 de marzo de 2011a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira e o subdirector xeral de Infraestruturas e Telecomunicacións, Adrián Lence, presentaron o Plan de acción FLOSS para o ano 2011 nunha xuntanza cos principais axentes do sector FLOSS galego.

09/03/2011

O Plan de acción FLOSS 2011 da Xunta ten como obxectivo prioritario impulsar o uso do software libre no sector empresarial e na sociedade en xeral, en colaboración cos principais axentes FLOSS de Galicia como son as asociacións galegas de usuarios e empresas de software libre ou as tres universidades galegas. Nesta liña, a Xunta continuará tomando decisións estratéxicas para desenvolver proxectos de calado baseados en software libre. Iniciativas tan importantes como o desenvolvemento da Administración electrónica ou a integración das TIC na educación a través do proxecto Abalar.

Con estes obxectivos, o plan de acción FLOSS continuará desenvolvendo as liñas estratéxicas marcadas no ano 2010:

  1. Impulsar unha oferta de solucións baseada en FLOSS de calidade.
  2. Promover a implantación efectiva dos estándares abertos.
  3. Fortalecer os mecanismos de formación e difusión dos modelos baseados en FLOSS e as súas vantaxes competitivas.

Para a execución destas liñas estratéxicas o Plan de Acción FLOSS 2011 fai fincapé nas accións e actividades dirixidas a acadar en Galicia un maior uso do FLOSS nos ámbitos da Administración Pública, da Cidadanía e da Empresa, mantendo a colaboración cos axentes FLOSS galegos así como co CENATIC, coa intención de xuntar esforzos e executar unha estratexia global e integradora de forma coordinada cos medios da Oficina de Coordinación FLOSS.

O presente Plan de Acción FLOSS 2011 plasma o compromiso do goberno galego cunhas políticas TIC sostibles e de calidade, garantes cos dereitos dos cidadáns e coas esixencias tecnolóxicas dos mesmos, rexidas polo principio reitor da cooperación, e dirixidas a modernizar Galicia.

Para máis información pode consultar o texto íntegro deste traballo.

Organismo promotor: Xunta de Galicia