Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan de software libre 2010

A promoción, difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en “Software Libre” (SwL) e “Software de Fontes Abertas” (SFA) máis alá de ser unha tendencia na Administración Pública, é considerada estratéxica por parte do Goberno da Xunta de Galicia. Deste xeito, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica promoverá e fomentará o uso do software libre en colaboración con todos os axentes implicados a través deste Plan de acción 2010 dotado con 800.000 euros.

11/08/2010

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica  desenvolve este plan, dotado con 800.000 euros no 2010, tras constatar a necesitade de aunar esforzos aproveitando mellor os fondos públicos destinados á promoción do software libre e de fontes abertas para acadar un maior uso destas aplicacións na Administración, na cidadanía e nas empresas galegas. Con este obxectivo o plan contempla 21 accións que desenvolverá a propia Administración autonómica e outras 60 en colaboración coas asociacións de usuarios e empresas de software libre e as tres universidades.

Liñas de acción
O Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas estrutúrase en torno a tres liñas de atuación: impulsar unha oferta de solucións baseadas en Floss de calidade, facendo fincapé en dar resposta a sectores estratéxicos; promover a implantación efectiva dos estándares abertos, que permitan a coexistencia con aplicativos de software propietario e fortalecer os mecanismos de formación e difusión dos modelos de software libre e fontes abertas e as súas vantaxes competitivas.

As accións do plan estanse a iniciar no 2010 e teñen percorrido en anos sucesivos, enmarcadas nas liñas de traballo do Plan Estratéxico Tecnolóxico Global da Xunta de Galicia. Estas actuacións están catalogadas segundo as liñas xerais tratadas inicialmente na reunión mantida o 30 de xullo de 2009 cos axentes implicados e desenvolvidas en xuntanzas posteriores, nas que se definiron as áreas de interese e iniciativas a impulsar nesta materia. 

Documentos relacionados:

Organismo promotor: