Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Plan de Sistemas TIC na Administración de Xustiza en Galicia (Plan Senda 2014)

A Administración de Xustiza enfróntase con grandes retos que asumir derivados dun novo marco legal, das necesidades e demandas dos destinatarios dos servizos públicos,e oportunidades que aproveitar derivadas dos compromisos das administracións implicadas. Deste xeito o Plan Senda 2014 ten como obxectivo avanzar no desenvolvemento dos servizos de administración electrónica, e a mellora e modernización dos servizos que ofrece esta de face ao cidadán. En definitiva búscase unha maior proximidade e unha mellor atención á cidadanía.

14/06/2014

O Plan Senda 2014 integra as Tecnoloxías da Información e da Comunicación no ámbito xudicial .

Cunha dotación orzamentaria de 34 millóns de euros , Senda 2014 reflexa a aposta da Xunta por integrar as TIC na Xustiza máis aló de actuacións puntuais, mediante accións sostidas no tempo e que teñan prevista a interoperabilidade entre sistemas de información de distintos organismos.

Deste xeito, o Plan Senda 2014 permitirá incorporar e aproveitar o poder transformador das novas tecnoloxías para mellorar na Administración de Xustiza, o tempo de resposta, a calidade da resposta e a transparencia dos procesos.

As actuacións contempladas no Senda 2014 estrutúranse en diferentes liñas que abranguen as áreas deinfraestruturas , equipamento e medios , sistemas de información , gravación e vídeconferencia , e formación .

En definitiva, trátase de evolucionar cara un modelo integral de sistemas de información na Administración de Xustiza en Galicia, adaptado ás necesidades da comunidade autónoma, garantindo acoordinación e interoperabilidade coas institucións da Administración de Xustiza e as CCAA, que facilite o novo escenario da xestión da xustiza que establece a Nova Oficina Xudicial, e que de respostas as demandas dos profesionais e cidadáns .

Para máis información pode consultar a presentación do Plan que se achega. 

Organismo promotor: Xunta de Galicia