Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013
O Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013 busca posibilitar o acceso a banda larga a toda a sociedade galega, como un dos motores principais para o desenvolvemento de Galicia, situándoa entre as rexións de referencia no desenvolvemento das novas tecnoloxías e infraestruturas para a Sociedade da Información.
A innovación e continuo desenvolvemento dos servizos de telecomunicacións esixe melloras de calidade, capacidade e velocidade das redes que os soportan e van acompañados dunha evolución tecnolóxica destas redes, para que todos os usuarios teñan unha calidade e largo de banda que garantan o acceso a todos os servizos de forma axeitada.
Deste xeito, o Plan de Banda Larga de Galicia 2010-2013 busca posibilitar o acceso a banda larga a toda a sociedade galega, como un dos motores principais para o desenvolvemento de Galicia, situándoa entre as rexións de referencia no desenvolvemento das novas tecnoloxías e infraestruturas para a Sociedade da Información.
Para poder aportar o máximo valor, a visión de que se dispón é desenvolver e estender as novas tecnoloxías e infraestruturas de telecomunicacións de banda larga aos cidadáns, organismos públicos e tecido empresarial de Galicia, con especial foco naquelas zonas máis desfavorecidas ou desatendidas:
• reducindo o desequilibrio territorial na cidadanía, contribuíndo ao benestar e desenvolvemento social e a súa integración na sociedade da información.
• impulsando o sector empresarial mediante o uso das novas tecnoloxías de banda larga como dinamizadoras económicas e xeradoras de competitividade e innovación.
• incentivando a participación dos distintos axentes implicados.
• impulsando a modernización dos servizos públicos mediante a utilización das novas infraestruturas de banda larga.
• motivando a coordinación dos distintos organismos públicos para a unificación de esforzos e maximizar o seu impacto.