Instrumento de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Televés S.A., e Cruz Roja Española para facilitar a pilotaxe dos casos de uso de teleasistencia
Asinado o 18 de xullo de 2017 entre a Consellería de Política Social, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Televés S.A. e Cruz Roja Española
18/07/2017
O presente instrumento ten por obxecto establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Política Social, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Televés S.A. e Cruz Roja Española para facilitar a pilotaxe dos casos de uso de teleasistencia avanzada no marco do proxecto europeo ACTIVAGE en Galicia.
As actuacións a desenvolver ao abeiro do presente instrumento son:
- Definición da arquitectura tecnolóxica da solución de fogar dixital que se deberá pilotar.
- Definición dos casos de uso a pilotar e avaliar.
- Definición dos procedementos e protocolos a aplicar nos casos de uso establecidos.
- Pilotaxe dos casos de uso no ámbito social e no ámbito socio-sanitario.
- Avaliación da evolución, desenvolvemento, resultados e conclusións dos distintos casos de uso.
Este instrumento non supón custo económico algún para a Amtega.