Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Informe sobre o uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa galega - 2011

Os obxectivos desta investigación, realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar Social e dun panel de expertos integrado polos principais colectivos de persoas con discapacidade e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, son identificar os principais problemas e dificultades que atopan as persoas con discapacidade no acceso á sociedade da información, como medio de integración laboral, para mellorar a súa calidade de vida e o seu desenvolvemento persoal, profesional e social

02/12/2011

A secretarias xerais de Modernización e Innovación Tecnolóxica e de Política Social,  Mar Pereira e Coro Piñeiro, respectivamente, presentaron o día 2 de decembro de 2011 o estudo sobre “O uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade”.

Este traballo incorpora unha guía descritiva de preto de 80 aplicativos, iniciativas, dispositivos TIC, e solucións de software libre dispoñibles para facilitar a integración laboral das persoas con discapacidade. A difusión deste documento contribuirá a reducir o descoñecemento sobre a existencia de solucións baseadas nas TIC para salvar as barreiras de accesibilidade nas actividades laborais. Así o sinalaron lar os expertos que participaron no informe que consideran que boa parte das empresas de Galicia deben avanzar  tecnoloxicamente para integrar ás persoas con discapacidade.

Para máis información pode consultar o documento íntegro do traballo.

Organismo promotor: Xunta de Galicia