Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Informe mesa de traballo de crecemento intelixente - 2014

A Estratexia Galega de Crecemento Dixital é a folla de ruta na que se establecen as liñas estratéxicas da política tecnolóxica do Goberno autonómico para o horizonte 2020. Esta estratexia está perfectamente aliñada coa RIS 3 de Galicia para establecer relacións sinérxicas entre elas e captar fondos europeos en proxectos tecnolóxicos para a Comunidade no novo período de financiamento 2014-2020.

29/04/2014

 Estratexia Galega de Crecemento Dixital prioriza as grandes liñas de actuación que consolidarán e darán continuidade as medidas da Axenda Dixital 2014.gal. O traballo realizado durante estes catro anos a través da “2014.gal” serviu para situar a Galicia nun nivel de converxencia, antes nunca acadado, coa media da UE no emprego de tecnoloxías da información e da comunicación. 
 
A nova estratexia deberá servir para alcanzar case unha plena converxencia con Europa no horizonte 2020. Este é o obxectivo que se marca Galicia no ámbito do crecemento dixital.

Documentos relacionados:
Organismo promotor: Amtega