Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Informe executivo 2009 - Estado da banda larga en Galicia

A xunta aprobou a elaboración do primeiro Plan director de banda larga do que disporá a comunidade galega. Este definirá o mapa de infraestruturas de telecomunicacións de banda larga, así como a estratexia de despregamento máis axeitada para que a meirande parte dos cidadáns e as empresas galegas teñan acceso de calidade á banda larga no horizonte de 2013.

16/12/2009

A Xunta de Galicia aprobou a elaboración, durante o derradeiro trimestre deste ano, do primeiro Plan director de banda larga do que disporá a nosa comunidade.

Este plan ten como obxectivo definir o mapa de infraestruturas de telecomunicacións de banda larga, así como a estratexia de despregamento máis axeitada para que a meirande parte dos cidadáns e as empresas galegas teñan acceso de calidade á banda larga no horizonte do 2013.

A primeira actuación imprescindible para a elaboración do Plan director de banda larga foi a construción do mapa de telecomunicacións de Galícia, tarefa que se rematou no mes de novembro.

En base ao mapa de telecomunicacións, elaborouse un informe executivo sobre a situación da banda larga en Galicia, que recolle:

  • As actuacións que se levaron a cabo nos últimos anos para a extensión da banda larga en Galícia.
  • A metodoloxía aplicada para a análise da situación actual.
  • A situación da cobertura dos servizos de banda larga, así como os indicadores de estimación de demanda non satisfeita tanto para o sector residencial, os servizos públicos e o sector empresarial. 

Documentos relacionados:

Organismo promotor: Secretaría General de Modernización e Innovación Tecnológica