Informe dos servizos dispoñibles na Rede CeMIT - 2014
A Rede CeMIT ofrece unha serie de servizos orientado a impulsar as TIC e a sociedade da información, o emprego e a competitividade empresarial. Este catálogo de servizos divídese en tres grandes apartados: formación, actividades de difusión e Aula Aberta.
A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) configurase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a fomentar a empregabilidade , a competitividade empresarial, a eInclusión, o eBenestar e o pulo da eAdministración.
A Rede CeMIT desenvólvese a partir dunha imaxe de marca propia na que participan activamente todas as administracións afectadas e serve como elemento xerador de crecemento económico no marco das directrices da Axenda Dixital 2014 . gal, constituíndose como instrumento esencial de soporte á nova estratexia en materia de Sociedade de Información.
Para máis información pode consultar o texto íntegro do Catálogo.