Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

III Addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia

III Addenda ao convenio asinada o 28 de decembro de 2017 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias

28/12/2017

A través desta Addenda preténdese prorrogar a vixencia do convenio subscrito orixinalmente o 13 de xullo de 2010, no que a Xunta de Galicia e a Fegamp estableceron un convenio de colaboración co obxectivo de impulsar e desenvolver a Administración electrónica nas Entidades Locais de Galicia, a fin de garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos mediante a implantación de procedementos, plataformas e redes de comunicación que posibiliten a súa interacción con calquera Administración pública. Así mesmo, establécense os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes.

A presente prórroga manterá o establecido no convenio e nas addendas anteriores e seguirá en vigor ata o o 9 de xullo de 2018.

A execución desta prórroga non supón custo económico algún para a Amtega.