Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

III Addenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolv

Esta Addenda ten por obxecto modificar o convenio de colaboración asinado o 15 de xaneiro de 2014 entre Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias co obxectivo de desenvolver o Plan de Inclusión Dixital no eido da Administración Local

16/12/2015

Con esta addenda preténdese, por un lado, dar continuidade aos servizos da Rede CeMIT mediante a extensión da prórroga da súa vixencia e, por outro lado, introducir a posibilidade de que outros concellos obteñan a consideración de aula de referencia, creándose unha lista de reserva integrada por aqueles concellos que teñan recoñecida dita condición, pero non obteñan subvencións por limitacións orzamentarias.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, as actuacións que en materia de inclusión dixital realicen os concellos con aulas de referencia, que sexan subvencionadas, ata un importe máximo de 2.348.324 euros.

Organismo promotor: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias