II Addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Red.es para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á posta en marcha dunha Rede de Emerxencia.

Addenda ao devandito Convenio subscrita o 13 de decembro de 2013 que ten como finalidade recoller que a execución e xustificación das inversións correspondentes ás anualidades 2011, 2012 e 2013 executaranse por Red.es durante as anualidades 2013 e 2014, sen que iso implique variación nas anualidades comprometidas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Galicia está a desenvolver unha rede de emerxencias única, que incorpore todos os beneficios da tecnoloxía punta e que suporá blindar, as 24 horas, a resposta ante as emerxencias que se produzan na comunidade. Unha rede que satisfai plenamente os requisitos de seguridade e que blinda a comunicación e a coordinación entre todas as persoas que se dedican á emerxencia en Galicia.

Cun investimento de 6,5 millóns de euros -a través deste convenio entre as consellerías de Medio Rural, Presidencia e Administracións Públicas e Xustiza e a empresa pública Red.es-, a rede empregará a tecnoloxía TETRA, que é a máis punteira neste tipo de comunicacións e a recomendada, desde o punto de vista das emerxencias, a nivel europeo. Esta rede está dentro do marco da Axenda Dixital 2014.gal.

Organismo promotor: AMTEGA, Red.es