Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

I Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a implantación dun programa de Educación Dixital en Galicia

Asinado o 3 de maio de 2017 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

03/05/2017

Esta Addenda ten por obxecto dar cumprimento á cláusula sétima do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a implantación dun programa de Educación Dixital en Galicia, que establece o seguinte: "Este convenio producirá os seus efectos a partir da data da súa sinatura e a súa vixencia estenderase ata o momento que se extinga o contrato previsto, sen prexuízo de que se acorde unha prórroga do mesmo. Neste suposto elaborarase unha addenda a este convenio na que se fixará a prorroga e os compromisos das partes da mesma".

Tendo en conta o anterior, estando próxima a data de vencemento dos contratos e, por tratarse de servizos críticos que non poden ser paralizados, e tendo en conta a necesidade de continuar cos servizos indicados, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acordan a sinatura da presente addenda ao devandito convenio.

Deste xeito,  as actuacións do convenio suporán para a Amtega unha achega máxima de 317.044, 80 euros.