Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

I Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital

Asinada o 26 de outubro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

26/10/2018


O 8 de maio de 2018 asinouse un Convenio de Colaboración entre a Amtega e o Colexio Profesional de Enxenaría en Informática de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital, en concreto para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.

O desenvolvemento dos proxectos obxecto do Convenio esixen a modificación do prazo de xustificación da subvención concedida, motivo polo cal as partes están interesadas en ampliar o prazo de xustificación. Consecuentemente, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia subscriben a presente Addenda.

A través desta Addenda modifícase o prazo de xustificación da subvención ata o 30 de novembro de 2018.

As actuacións da presente Addenda non supoñen para a Amtega achega económica algunha.