I Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a supresión de barreiras de comunicación

I Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a supresión de barreiras de comunicación

Addenda asinada o 10 de decembro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

Addenda asinada o 10 de decembro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

A finalidade do Convenio é a de promover a supresión das barreiras de comunicación existentes e a mellora da accesibilidade do colectivo de persoas xordas en todos os ámbitos mediante a utilización dos servizos de videointerpretación en lingua de signos española. Neste senso, en consonancia co disposto na cláusula quinta, resulta necesario incluír entre os gastos subvencionables que se sinalan na cláusula oitava os relativos ao apoio ás persoas xordas que asistan aos cursos, actividades e actuacións promovidas pola Xunta de Galicia. Consecuentemente, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a FAXPG subscriben a presente Addenda ao devandito convenio conforme ás seguintes cláusulas:

Primeira: Modificación da cláusula quinta relativa aos gastos subvencionables.

O orzamento estimado de gasto para o desenvolvemento da actuación prevista no convenio é o seguinte:
 

Concepto importe
Servizo de videointerpretación presencial e vía web, no que se inclúen:
-Licenzas e servizo técnico BILDTEC.
-Dotación e mantemento de terminais funcionais para BILDTEC en 13 ubicacións presencias + 11 en liña.
29.832,92 €
BILDTEC APP_para teléfonos Android 3.630,00 €
Servizo de interpretación presencial a través de intérpretes de LSE 3.450,00 €
Dirección e soporte técnico do proxecto
Intérpretes de Lingua de Signos Española
47.019,15 €

Tarefas de tradución a LSE de contidos formativos ou divulgativos orientados á cidadanía relativos a servizos
públicos dixitais da Xunta de Galicia

6.300,93 €
Gastos xerais e de administración
(seguro de accidente, mutua, subministros)
3.275,00 €
Total 93.508,00 €

Segunda: En todo o non novado expresamente pola presente Addenda, seguirá en vigor o disposto no Convenio.