Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Estudo e guía de boas prácticas para o despregamento das infraestruturas de telecomunicacións - 2013

12 de abril de 2013 a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) firmaron un Convenio de colaboración para a posta en marcha de actividades de fomento da sociedade da información, un acordo que ven a complementar o seguimento exhaustivo que se está a realizar das actuacións de despregamento de redes de telecomunicación do Plan Banda Larga.

07/11/2013

O propósito é comprobar e verificar a calidade do servizo de internet que están a ofrecer os operadores beneficiarios das axudas do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia para o despregamento de redes.

Para dar cumprimento a esta actuación, a AETG creou un grupo específico de traballo integrado por enxeñeiros de telecomunicación de diferentes perfís que está a facer as comprobacións in situ, en núcleos das catro provincias beneficiados polas actuacións do Plan.

Por outra banda, o acordo asinado establecía tamén a celebración dunha xornada divulgativa para técnicos municipais dos 314 concellos galegos, operadores e axentes do sector sobre as medidas máis relevantes do novo escenario lexislativo no eido das telecomunicacións e as boas prácticas nos despregamentos. Dita xornada celebrouse o 6 de novembro de 2013 na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde foi presentada a Guía de Boas Prácticas para o Despregamento das Infraestruturas de Telecomunicacións que se pode descargar a continuación.

Organismo promotor: Xunta de Galicia, AETG