Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Estudo do mapa de Capacidades Tecnológicas de Galicia - 2011

TrasformaTIC promove a identificación de solucións tecnolóxicas innovadoras que acheguen vantaxes competitivas ás administracións públicas e, por tanto, permitan contar con cada vez mellores servizos públicos que dean soporte ás necesidades dos cidadáns e empresas de Galicia.

21/03/2011

Dentro do programa TrasformaTIC elaborouse o mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia no ámbito socio-sanitario que se configura como un documento vivo que recolle o conxunto das capacidades e coñecementos tecnolóxicos dos diferentes axentes que desenvolven a súa actividade no ámbito sanitario e social de Galicia. Isto inclúe tanto entidades galegas que desenvolven proxectos neste ámbito en Galicia, no resto do territorio nacional e proxectos internacionais, como empresas de ámbito nacional e/ou internacional que desenvolven proxectos de temática socio-sanitaria no ámbito xeográfico concreto de Galicia.

O mapa inclúe a experiencia e coñecementos tecnolóxicos, ademais de información detallada de numerosos proxectos, de todos os grupos de investigación TIC de Galicia que desenvolven o seu traballo no ámbito mencionado e de diferentes centros tecnolóxicos galegos ademais do sector empresarial.

Este instrumento serve como punto de partida para coñecer as capacidades tecnolóxicas galegas neste ámbito e para orientar mellor as actuacións que a partir de agora leven a cabo dentro deste programa para o impulso do sector tecnolóxico.

Para máis información pode consultar o texto íntegro deste traballo.

Organismo promotor: Xunta de Galicia