Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Estudo da situación actual da sinatura electrónica e das entidades de certificación - 2011

Este traballo é froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a través do convenio asinado polo CPEIG e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, no marco das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal.

27/01/2011

O obxectivo principal deste traballo é difundir entre a cidadanía e as empresas boa parte do coñecemento existente en materia de sinatura electrónica e certificación dixital, incluíndo as autoridades e entidades prestadoras de servizos de certificación. Para este fin, este estudo realiza unha análise da situación actual, os avances máis significativos e os retos que se nos presentan de cara ao futuro no ámbito da identidade dixital.

A metodoloxía empregada neste estudo baseouse principalmente na elaboración de entrevistas mantidas cos responsables dalgunhas das principais organizacións públicas e privadas que traballan arredor da sinatura electrónica e a certificación dixital, xunto á análise de datos e indicadores, lexislación e documentación de referencia.

Con respecto á estrutura, o traballo consta de sete capítulos que abordan unha visión estratéxica dos expertos sobre os aspectos máis relevantes relacionados coa certificación dixital e a sinatura electrónica e os servizos e produtos ofrecidos actualmente polas organizacións, públicas e privadas, máis representativas no sector da certificación dixital e a sinatura electrónica en España.

Para máis información pode consultar o texto íntegro deste traballo.