Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Estudo da comparativa de plataformas de comercio electrónico baseadas en software libre - 2011

Este traballo analiza as cinco ferramentas máis populares empregadas para a posta en funcionamento de tendas en liña a través de Internet. O obxectivo desta análise é mellorar a presenza en Internet das empresas galegas e poñer en valor as diferentes plataformas de software libre para a venda de produtos a través da Rede

07/03/2011

A Xunta de Galicia, mediante a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, puxo en marcha o Plan de Acción 2010 en materia de software libre e código de fontes abertas (FLOSS) para contribuír a transmitir unha imaxe do FLOSS asociada ao bo funcionamento do mesmo e á calidade, adoptando medidas para poñer a disposición da sociedade e do tecido empresarial, software libre que se axuste as necesidades da empresa galega.

Entre os compromisos adquiridos no plan de acción FLOSS recóllese a realización de estudos comparativos de Software Libre orientado ao ámbito empresarial, sendo a Oficina de Coordinación FLOSS a responsable da elaboración de estudos tecnolóxicos e funcionais sobre solucións empresariais orientadas ás empresas con presencia en Galicia, focalizándose no máis adecuado para o tecido non TIC local.

Este primeiro estudo trata de dar resposta á necesidade detectada de mellorar a presencia en Internet das empresas galegas e poñer en valor as diferentes plataformas FLOSS de comercio electrónico para a venta de produtos e servizos a través da rede. O traballo analiza as cinco ferramentas FLOSS máis populares, as súas características básicas, requerimientos técnicos, puntos fortes e débiles, capturas de pantallas e referencias en Internet de cinco solución. As plataformas son: osCommerce, Magento, Pretashop, VirtueMart e Ubercart.

Para complementar a información e sacar conclusións da popularidade e tendencias de uso en Internet de cada unha das plataformas, estudouse o interese que espertan na Rede cada unha delas.

Para máis información pode consultar o texto íntegro deste traballo.

 

Organismo promotor: Xunta de Galicia