Convenio polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego para o desenvolvemento de actividades no marco do Programa ViraxeTIC, para a moderni

Convenio polo que se modifica o convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego para o desenvolvemento de actividades no marco do Programa ViraxeTIC, para a modernización e innovación tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais de Galicia

Asinado o 7 de novembro de 2016 entre a Amtega, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego

Asinado o 7 de novembro de 2016 entre a Amtega, o Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego

Este convenio ten por obxectivo sentar as bases da colaboración entre a Amtega, Clúster TIC e Clúster Audiovisual Galego para o deseño, a xeración e o desenvolvemento do Programa ViraxeTIC que permitirá facilitar e estimular a innovación tecnolóxica no ámbito dos contidos dixitais de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son:

  • Elaboración dun estudo das Industrias de Contidos Dixitais antes as novas tendencias tecnolóxicas, para identificar os principais ámbitos de actuación para o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos de vangarda que transformen a industria dos contidos dixitais.
  • Deseño de foros para o intercambio de coñecemento e o networking entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais.
  • Posta en marcha dun servizo de apoio e asesoramento orientado a facilitar o desenvolvemento de grandes proxectos innovadores conxuntos entre axentes do sector TIC e do sector de contidos dixitais.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 135.000 euros en 2016 e 135.000 euros en 2017.