Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio multilateral de colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e a entidade públi

Convenio asinado o 16 de decembro entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e a entidade pública empresarial Red.es co obxecto de contribuír a dotar de conectividade de Internet mediante redes de banda larga ultrarrápida aos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

16/12/2015

As actuacións do presente Convenio enmarcaranse dentro dos seguintes ámbitos:

1. Actuacións preparatorias: análise da dotación tecnolóxica dos centros docentes e elaboración do Plan de Traballo.

2. Actuacións nos centros docentes: Acceso dos centros docentes ás redes de banda larga ultrarrápida, despregamento de redes internas de comunicacións dentro dos centros, dotación de equipamento e sistemas de xestión e dotación de recursos TIC para o seu emprego na aula.

3. Actuacións de capacitación, dirixidas ao persoal técnico para garantir o funcionamento operativo das infraestruturas.

4. Actuacións de difusión, xestión e seguimento: traballos de auditoría, xestión e apoio técnico.

A Amtega achegará ata un importe máximo de 2.000.000 para o ano 2016.

Organismo promotor: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, e Red.es