Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Concello de Santiago para compartir as infraestructuras de comunicación

Convenio asinado o 4 de febreiro de 2015 entre a Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Concello de Santiago, para o aproveitamento recíproco das infraestruturas e instalacións de ambas administracións para o desenvolvemento de redes de telecomunicacións no municipio

04/02/2015

Coa sinatura deste convenio promóvese a modernización das comunicacións internas e externas de ambas administracións, así como o aproveitamento das torres de antenas, as canalizacións, as galerías de servizos e os tendidos de fibra óptica, situados en Santiago. Desta maneira, reducirase a necesidade de realizar obra civil, que supón ata un 80% do custo total da implantación de novas redes de telecomunicacións.


Esta medida enmárcase nun dos obxectivos da Lei 3/2013 do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, como é o de fomentar a cooperación e a coordinación entre os distintos niveis da Administración Pública, e entre estas e os operadores de telecomunicacións, para promover despregamentos máis eficientes e respectuosos coa contorna urbanística e o medio ambiente.

Así, esta medida contribúe á mellora da dispoñibilidade e calidade das telecomunicacións, que se están convertendo en cruciais dentro da actividade das administracións, abrindo novas formas de relación entre estas e a cidadanía.

As actuacións do presente convenio non supoñen para a Amtega algunha achega económica.

Organismo promotor: Xunta de Galicia, Amtega e Concello de Santiago