Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e o Instituto Nacional de Ciberseguridade de España, s.a. (Incibe) para a realizacion de actuacións relativas ao fomento da ciberseguridade

Convenio de colaboración asinado o 31 de outubro de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Nacional de Ciberseguridade de España, s.a. (Incibe)

31/10/2019


Co presente convenio ambas as partes pretenden colaborar en actividades e iniciativas que permitan progresar na difusión do coñecemento, especialmente no que se refire ás materias propias de ambas as entidades, así como no desenvolvemento, en xeral, de calquera outra actividade que ambas as partes consideren oportuna para alcanzar os fins respectivos e os obxectivos establecidos neste convenio.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

Este convenio non ten obrigacións económicas para ningunha das partes. No seu caso, cada parte realizará cos seus propios medios as actuacións que lle correspondan no desenvolvemento do presente convenio.

O presente convenio terá unha duración de catro (4) anos e resultará eficaz unha vez inscrito no Rexistro Electrónico Estatal de Órganos e Instrumentos de cooperación do sector público estatal e publicado no Boletín Oficial, de conformidade co establecido no artigo 48.8 da Lei 40/2015, de 1 de outubro.