Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Universidade de Santiago de Compostela para a experimentación de tecnoloxías intelixentes na avaliación da eficiencia dos procedementos administrativos, financiado al 100% en el marco del eje REACT-UE del programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 como respuesta de la Unión Europea a la pandemia de Covid-19

Convenio asinado o 24/09/2021 entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Universidade de Santiago de Compostela

24/09/2021

O obxecto deste convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e a Amtega, e a USC para a realización dunha análise e experimentación da aplicación de tecnoloxías intelixentes na avaliación da eficiencia administrativa que redunde nun maior servizo ao cidadán, coa finalidade de deseñar un modelo que sexa posible aplicar na sede electrónica e os procedementos administrativos da Xunta de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

 

  1. A Amtega colaborará na realización do obxecto do convenio cunha achega máxima de 442.600,00€ con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia coa seguinte distribución por anualidades:

Ano 2021: 65.000 €

Ano 2022: 377.600 €

A cantidade reseñada destinarase a cofinanciar os gastos relativos as actuacións previstas:

Desenvolver un asistente virtual baseado na minería de procesos para prestar axuda a os usuarios da sede electrónica de la Xunta de Galicia.

Desenvolvemento dun cadro de mandos baseado en técnicas de extracción de analíticas e predicións de proceso para a axuda á toma de decisións por parte dos xestores de procedementos

Desenvolver unha Metodoloxía e Guía de procedementos administrativos e técnicos para a implantación do asistente virtual de forma xeneralizada en tódolos procedementos

A referida achega é unha porcentaxe do importe total do proxecto e financiará exclusivamente unha parte dos custos do convenio, sen que a USC obteña beneficio ou lucro ningún.

Este convenio entrará en vigor o mesmo día da súa sinatura dixital pola persoa asinante que o faga en último lugar e terá vixencia ata o 30 de decembro de 2022, agás que sexa denunciado por escrito por algunha das partes asinantes polo incumprimento dos compromisos que nel se recollen.

Antes da finalización do prazo de vixencia, os asinantes poderán acordar unanimemente a súa prórroga por un máximo dun ano máis. De prorrogarse o convenio, na correspondente addenda estableceríanse as obrigas concretas das partes asinantes.