Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Nacional de Estatística, sobre o acceso á base padronal do INE a través do servizo web SECOPA

Convenio de colaboración asinado o 17 de xullo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Instituto Nacional de Estatística

17/07/2021


O obxecto do presente convenio é facilitar o acceso á Base de Padrón continuo xestionada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) polos órganos do sector público competentes en procedementos sancionadores en materia de pesca, en procedementos relativos á inspección e réxime sancionador en materia de vivenda, en actuacións de prevención e loitas contra incendios forestais, concretamente na xestión de parcelas de propietarios individuais e en procedementos de reclamacións a particulares de danos causados á rede pública viaria, todos eles competencia da Xunta de Galicia, a través do Servizo Web (SECOPA) desenvolvido polo primeiro.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

Como consecuencia do cumprimento e desenvolvemento dos compromisos adquiridos no presente Convenio, non se xerarán contraprestacións económicas nin gastos para ningunha das partes.

De conformidade co establecido nos artigos 48, 49 da citada Lei 40/2015, este Convenio perfecciónase coa firma das partes e terá unha duración de catro anos, podendo ser prorrogado expresamente por mutuo acordo das partes con antelación á expiración do prazo de vixencia, por un período de até catro anos adicionais, salvo denuncia dalgunha das partes, cunha antelación mínima de tres meses ao final do período de vixencia do Convenio ou da súa prórroga.