Convenio EJIS (Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade)
Convenio EJIS (Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade)
Este Convenio ten por obxeto avanzar no expediente xudicial electrónico e na modernización e axilidade dos procedementos xudiciais.
30/09/2009
O Convenio EJIS (Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade), foi asinado en setembro polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, o ministro de Xusticia, e o Fiscal Xeral do Estado. A iniciativa, apoiada pola Xunta e outras dez comunidades, pretende avanzar no expediente xudicial electrónico e na modernización e axilidade dos procedementos xudiciais. Búscase, tamén, facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións na actividade xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia, racionalidade económica e calidade. A intención deste convenio é aunar esforzos por parte de todas as administracións implicadas para acadar o obxectivo de interoperar os distintos sistemas informáticos existentes.
Organismo promotor: CGPJ, Ministerio de Xusticia e Fiscalía Xeral do Estado