Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a compartición de infraestruturas, técnicas, e servizos comúns que permitan a racionalización dos recursos TIC

Convenio de colaboración asinado o 16/05/2023 entre o Parlamento de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

16/05/2023


O presente Convenio ten por obxecto establecer as bases da colaboración entre o Parlamento e a a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,  para a compartición de infraestruturas, técnicas e os servizos comúns que permitan a racionalización dos recursos TIC, e que se recollen no Anexo I a este Convenio de Catálogo de sistemas dixitais a  disposición dos órganos e entidades do sector público autonómico  necesarios para o funcionamento dixital.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

As actuacións previstas no presente Convenio non xerarán custos nin darán lugar a contraprestacións financeiras entre as partes, e polo tanto, non precisa consignación orzamentaria.

O presente convenio producirá os seus efectos dende a data da súa sinatura por tódalas partes  ata o 28 de febreiro de 2027.

En calquera momento antes da finalización deste prazo, os asinantes poderán acordar unanimemente a súa prórroga ata un máximo de catro anos adicionais.