Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a adhesión daquel á contratación centralizada obxecto do “Acordo Marco cun único empresario da subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia” (expediente amt-2021-0151), e para o financiamento do primeiro contrato baseado no dito acordo marco

Convenio de colaboración asinado o 22/03/2022 entre o Parlamento de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

22/03/2022

1. Por medio deste convenio o Parlamento de Galicia adhírese á contratación centralizada obxecto do acordo marco cun único empresario da subministración e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia (expediente AMT-2021-0151), licitado pola Amtega e adxudicado á empresa INETUM ESPAÑA, S.A..

2. En virtude do disposto no punto anterior, o Parlamento poderá celebrar contratos derivados baseados no dito acordo marco, de acordo coas condicións e esixencias que establece a lexislación sobre contratos do sector público e o propio prego de cláusulas administrativas particulares.

Sen prexuízo do anterior, é vontade das partes artellar tamén a través deste convenio a contribución do Parlamento ao financiamento do primeiro contrato baseado no acordo marco AMT-2021-0151, que será licitado pola Amtega incluíndo entre os produtos a subministrar os destinados ao Parlamento de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

Sen prexuízo da posible participación da Amtega ou doutras entidades ou organismos incluídos dentro do ámbito de aplicación do acordo marco AMT-2021-0151, o Parlamento de Galicia contribuirá ao financiamento do primeiro contrato baseado deste cun importe de 230.645,73 € máis IVE (279.081,33 € IVE incluído) 

1. Este convenio producirá efectos a partir da data da súa sinatura.

2. Finalizada a vixencia do acordo marco AMT-2021-0151, extinguirase a adhesión específica do Parlamento de Galicia a el, sen que isto lles afecte aos contratos baseados, que continuarán vixentes ata a súa extinción.

3. Polo que se refire aos compromisos específicos asumidos neste convenio en relación co primeiro contrato baseado no acordo marco AMT-2021-0151, a súa vixencia estenderase ata o momento que se extinga o dito contrato baseado, en todo caso ata o 31 de decembro de 2025.

En caso de previsión de prórroga do dito contrato baseado, poderase prorrogar tamén con carácter previo a vixencia deste convenio, mediante a subscrición dunha addenda na que se detallarán os compromisos das partes.